Rodar na Costa da Morte
Nesta serie contámosche os distintos aspectos da rodaxe dun filme tan especial coma ‘Sica’ e o que supón para o territorio.
6. Rodar na Costa da Morte
Unha rodaxe en colaboración cos veciños da Costa da Morte. Algúns participaron como actores e actrices, outras persoas prestaron nasas e redes, abriron as portas dos seus galpóns e axudaron con moita xenerosidade, desde o proceso de documentación ata a rodaxe do filme.
5. A vida na Costa da Morte
O guión de Sica está inspirado nas vidas reais da xente da Costa. Mariñeiros, percebeiras, as súas familias… e nelas, adolescentes que fan a súa vida nas vilas e en contacto coa Natureza.
4. Rodar con actores non profesionais da zona
Dun casting de máis de 600 rapazas e rapaces da Costa da Morte saíron Thais, Marco e María, que interpretan a Sica, a Suso e a Leda na película. Outros veciños de Santa Mariña como Genucho, Laura ou Hermindo aparecen no filme facendo deles mesmos.
3. Rodar coa Natureza
O medio natural, o océano e a climatoloxía son os outros protagonistas de ‘Sica’. Non só acompañan os personaxes na súa deriva emocional e determinan o seu destino. Tamén foron determinantes na rodaxe, como un elemento que condicionaba a imaxe, o son e os procesos de produción do filme.
2. Carla Subirana, directora de ‘Sica’
A cineasta catalá coñeceu en 2016 por primeira vez a Costa da Morte facendo o Camiño dos Faros. Desde aquel momento intuíu que aquí había unha historia que quería levar ao cinema, e comezou un amplo proceso de investigación, seguindo a metodoloxía documental que ten utilizado en anteriores traballos.
1. Sobre a película
A directora, produtoras, reparto e outros compoñentes do equipo de ‘Sica’ cóntannos en que consiste esta historia de adolescentes de familia mariñeira. Unha coprodución catalá e galega rodada na Costa da Morte entre decembro de 2021 e xaneiro de 2022.