A vida mariñeira da rapazada na Costa da Morte

Unha viaxe ao mundo de “Sica”, a película de Carla Subirana, que se estrea na primavera de 2023.

Os oficios do cinema e os oficios do mar xúntanse para amosar a Costa da Morte na ollada dos adolescentes.

Materiais documentais, making of, guías pedagóxicas.

Contámosche de que vai “Sica”, quen traballa, onde se rodou e moitas máis cousas.

O filme

Carla Subirana cóntanos como chegou a Costa da Morte e o proceso documental que a levou á creación do filme “Sica”.

Caderno da directora

Rodar na Costa da Morte

Así se fixo “Sica”. Nunha serie de pezas audiovisuais coñecemos as claves da película, a súa directora, o seu equipo artístico e técnico e os veciños e veciñas da Costa da Morte que participan no filme.

Materiais pedagóxicos

Ofrecemos tres guías para ver a película e falar nas aulas de algúns dos seus temas: a vida mariñeira, a sustentabilidade e o cambio climático, o proceso de facer un filme pegado ao territorio.

A ruta de Sica

Estes son algúns dos lugares da Costa da Morte onde se rodou a película.

Clica enriba de cada punto para ver imaxes da rodaxe.

Síguenos en Instagram e en TikTok

Queres asistir a unha proxección de “Sica”, organizar un pase na túa vila ou unha charla no teu centro?

Apúntane ao noso boletín para recibir as novidades sobre “O mundo de Sica” e a estrea do filme.